EspazoCoop Emprende é unha nova iniciativa que pon en marcha Unión de Cooperativas Galegas (EspazoCoop) (que recibiu unha axuda da Unión Europea (UE) a través do Fondo Social Europeo+ no período 2023-2029 ) para impulsar o emprendemento no eido do cooperativismo. A través da Rede autonómica de emprendemento estase a ofrecer asesoramento a este tipo de proxectos e pertencente a calquera outra fórmula empresarial na fase na que se atope, de principio a fin.


O cooperativismo é unha fórmula empresarial de éxito en Galicia e que continúa a medrar: no último ano creáronse un total de 130 novas cooperativas, o que supón un crecemento do 7,69% con respecto a 2022.
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, fixo referencia á nova Lei de cooperativas, que está a deseñar o Goberno galego para adaptala aos novos tempos. Trátase de adaptar o actual marco regulador, que data de 1998, ao novo contexto socioeconómico, e de dar o impulso definitivo a este modelo.

A Xunta ten en execución na actualidade a 2ª Estratexia da economía social, coa que aspira a xerar 4.000 empregos e a posicionar este modelo nos sectores tecnolóxico, verde e industrial. Esta planificación con horizonte 2027 conta cun orzamento de máis de 174 millóns, para xerar máis economía social, atraendo talento, mellorando a competitividade e o crecemento en sectores emerxentes. Ata esa data a Administración autonómica espera o nacemento de 400 novas entidades e que a mocidade e as mulleres teñan maior presenza na economía social.

Deja un comentario

Más noticias….