A Escola de Educación Infantil O Gaioso atópase na Parroquia do Eixo, a dez minutos do centro de Compostela. Como moitas escolas unitarias, este centro debe manter un número mínimo de alumnos para poder continuar coa súa actividade: seis rapaces e rapazas que enchan as aulas e non obriguen a pechar as portas deste edificio, que é escola dende 1808. Durante todo xuño, O Gaioso pode ser visitado e o prazo de matrícula definitiva remata a finais de mes.

A educación do Gaioso, dirixida a cativos de tres a seis anos, é personalizada, con diálogo diario coa familia. Ademais, foméntase unha ensinanza lenta, multigrao, e na que se respecta o proceso natural de aprendizaxe de cada alumno.

O Gaioso precisa matrículas urxentemente e fai un chamamento aos pais para que coñezan esta oferta, singular e gratuita, no rural de Santiago, desdebuxado pola súa proximidade co núcleo urbano.
As persoas interesadas poden solicitar información nos teléfonos 981 549 575 e 679 555 577. Tamén poden acceder ao perfil @afagaioso que as familias abriron en Instagram.






Deja un comentario