Ata o 10 de agosto os Xardíns de Méndez Nuñez acollerán a Feira do libro de A Coruña na que participarán algunhas das mais reputadas librarías e editoriais galegas: Libraría Berbiriana, Couceiro Librarías, Libraría Arenas, Libraría Cartabón, Espazo Lector Nobel, Casa del Libro, Libraría Mar De Letras, Bunker Books –Knowmadas Books, Galgo Azul (Libros, grolos e moito máis), Libraría Pedreira, Cartem, Libraría Lume, Consorcio Editorial Galego Boadicea / Malafera, Libraría Uróboros, Alvarellos Editora, Libraría Agrasar-Monforte, Libraría Aenea, A Gata Tola, Libraría Ben – Rianxo, Alita Cómics, El Faro de los Tres Mundos, Libraría Formatos, Komic Libraría, Santos Ochoa, Metropolis Comics, Edicións Embora, Ediciones del Viento, Bululú Libros, Libraría Xiada, Libraría Azeta, Editorial Galaxia, S.A., Central Librera Real, Bandini Libros -Bertamiráns, Hoboken e Kalandraka.

Na súa xornada inaugural, Olaia Sendón asinará exemplares do seu «Nave«, a súa primeira novela de ciencia ficción, que quedou finalista do XV Jules Verne de Xerais no 23. Un libro xuvenil no que narra a historia de Néboa, que fixo dezaseis anos hai pouco e abúrrese mortalmente na clase do profesor Nogueira. Tampouco pode deixar de pensar en que lle acontecería a Noite, a súa amiga que acaba de morrer. Polo resto, a vida de Neboa e moi normal, ou todo o normal que pode ser a vida de alguen que naceu nunha nave espacial e forma parte dos últimos cen mil superviventes da raza humana.

Olaia Sendón participará o xoves 8 de agosto ás 19:30 h na Carpa 2 na actividad que modera María Yañez «Falamos de distopías», tamén con Manuel Esteban (O xogo de Escher), Alba Rozas (Lapislázuli) e Pablo Pesado (Gastrulación).

Por se non foran suficientes os motivos, no marco da Feira haberá un -10% de desconto en todos os libros.

Deja un comentario

Más noticias….