Ata o 8 de xaneiro pode visitarse “Fronte a min”, a mostra fotográfica de Ofelia Cardo que pode verse no Espazo de Arte de Roberto Verino na súa tenda de Ourense.

O Curador Xosé Lois Vázquez di ao respecto desta exposición: << Non hai inocencia. Nin excusa. Temos todo aí, se queremos «coñecer»; toda a sabiduría da especie ao noso alcance para avanzar por sendas máis apacibles e prometedoras. Xustas, humanas, gozando do noso contorno social e tamén o patrimonial: tanto o natural vivo como o xeolóxico; o inmaterial como o construído. Ofelia cuestiónase, e cuestiónanos, nada máis e nada menos que sobre o ser humano posto en contexto: cada ser arrastra unha liña de vida que elabora permanentemente en relación co resto dos se- res que o rodean e coa contorna natural. E elixe nesta exposición, un acento preciso: o da Natureza que como unha losa, golpéanos coa mesma forza coa que a agredemos. Deféndese? Ou será que nos eliminamos nós a nós mesmos mediante o Sistema de interacción que temos xerado durante milenios? Sistema depredador e sen piedade que entre todas e todos toleramos, soportamos, aceptamos… >>.

Ofelia Cardo co deseñador Roberto Verino

Sobre o Tránsito << Este espazo expositivo funciona coma unha furna/universo que contén, entre dous retratos opostos certos «sinais» da hecatombe -máis tarde falaranos o segundo retrato-. Transitamos dende a instalación Poda y doma que mostra unha colección de operacións de domininación sobre a natureza que reconvirte as árbores, elemento fundamental da mesma, en escul- turas vivas postas en exposición coma se dun ordeado, metódico e despregado dosier forense se tratase: mera testemuña do acontecido; acaso un catálogo de mutilacións?
Do estaticismo que emana a instalación anterior, pasamos ao fluír na moi inquietante Mancha que se extiende. O evidente simbolismo parecería non necesitar texto. Pero hai máis: o «fluído» domina o«pétreo», o líquido informe dá visualmente forma ao soporte; o paradoxo é que, en realidade, son imaxes de esperanza: están invertidas as «potencias» de cada materia, de tal forma que a «débil» ou «informe» imponse sobre a «poderosa» e «constituída».

Todas as operacións que realiza Ofelia en Fronte a min conteñen, de entrada, esta dobre advertencia: primeira, o ético non necesariamente casa coa beleza canónica; e segunda, todo ten significados máis aló da mera apariencia. É dicir, fotografía en estado puro: o que ves, pode non ser>>.

Xosé Lois Vázquez reflexiona sobre A Árbore << Domesticar, Cuerpo precario ou Árbol caído son estados diferentes de alteración física imposta, alteración conceptual e documentación intervida dun «accidente», respectivamente, aos que están sometidas árbores diferentes que representan outros tantos iconos da Natureza. En todas estas operacións viólase o estado esencial «árbore». Portar a «máquina» que te tortura, invertirte para dotarte de antropomorfismo ou segmentar, e polo tanto multiplicar, a exposición do teu estado «accidentado», son outras tantas operacións que executan algunhas persoas sobre centos de miles de seres humanos física e simbolicamente; por exemplo, nos «Campos» nazis ou nas minas actuais; sobre as mulleres, as persoas non heterosexuais ou con corpos non normativos; no documentalismo de guerras, catástrofes, «voyeurismo»… Estas fotografías estannos a falar do pasado, dos errores e horrores, das alteracións perversas do fluír Natural, da carga das equivocacións. Da violencia inherente ás accións humanas >>.

Deja un comentario

Más noticias….