O II Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), que se celebrará entre os días 7 e 9 de novembro na Cidade das TIC da Coruña baixo o lema ‘A lingua e o audiovisual’.
Nesta segunda edición, o foro servirá para analizar a diversidade lingüística no sector audiovisual, co obxectivo de valorar a situación actual e debater retos de futuro. Durante tres días, máis de 30 profesionais e persoas expertas tratarán os retos e oportunidades que implica a produción e exhibición de contidos audiovisuais en linguas minorizadas. Na presentación destacouse o crecemento da creación en galego e o “alto nivel” das produtoras coruñesas “non só a nivel local senón nacional e internacional” e comprometeu o apoio do Concello ao sector. Así mesmo, reivindicouse a necesidade de promocionar o galego no audiovisual.
O programa articúlase en tres xornadas temáticas: a do xoves 7 de novembro leva por título “Na procura da nova televisión: públicos mozos, accesibilidade e referentes renovados” e centrarase no desafío de captar ás audiencias máis novas, mantendo a diversidade lingüística como valor diferencial. A do venres 8 está titulada “Unha esfera cultural propia: producir en linguas minorizadas ou minoritarias” e, nela, analizarase o impacto de crear contidos en linguas non hexemónicas.
Para rematar, as conferencias da xornada de clausura, o sábado 9, “Cara un circuíto estable e unha normalización na lingua do audiovisual”. A xornada de clausura explorará as posibilidades de avanzar cara a un sistema audiovisual galego sólido que permita a normalización efectiva do uso da lingua galega.
O Foro da Industria Galega do Audiovisual – FIGA é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual realizada grazas ao apoio do Concello da Coruña e a área de cultura da Deputación da Coruña, que conta nesta edición coa colaboración da Cidade das TIC e o Grupo de Estudos Audiovisuais da USC.

Deja un comentario

Más noticias….