O espazo Es bien (Pintor Joaquín Vaamonde, 2. A Coruña) acollerá do 21 ao 23 de novembro o proxecto efémero Cinco miradas creativas.

Cinco marcas. Cinco propostas únicas que destacan polo seu enfoque artesanal, a sustentabilidade e o deseño atemporal.

Durante estes tres días, os visitantes poderán descubrir pezas únicas de moda, accesorios e xoiería. Ademais, coñecerán persoalmente ás creadoras detrás de cada marca, todas elas cunha visión común de calidade e autenticidade.

BAENA.

Marca de moda feminina fundada por Laura Baena. O seu enfoque é a moda lenta, ofrecendo coleccións limitadas e pezas feitas a medida, baixo pedido. Baena traballa con materiais exclusivos e de alta calidade, procedentes dos excedentes de casas de luxo como LVMH e outros fabricantes europeos. O seu estilo é elegante, versátil e urbano, pensado para mulleres que buscan pezas especiais e cómodas que reflictan a súa personalidade.

baenacode.com

LALURA.

Fundada en 2024 por Lucía Ruiz de Aguirre, está especializada en pezas de punto tecidas a man. Lalura crea moda sostible utilizando materiais de alta calidade como alpaca e merino. A marca ofrece pezas atemporais, pensadas para durar toda a vida e para quen busca un luxo accesible e comprometido co medioambiente.

laluradesign.com

MUNDAYA BAGS.

Bolsos artesanais e sostibles deseñados para mulleres de espírito activo e estilo minimalista. Cada peza está feita a man pola súa deseñadora, Lara Santomé. Reflicten un compromiso firme co deseño consciente e a durabilidade, acompañando ás súas clientas no día a día cunha elegancia discreta e funcional.

mundaya.com

PILAR RODAL.

Os seus deseños buscan facer que cada muller se sinta especial e segura de si mesma. Inspirada na natureza, Pilar Rodal crea xoias atemporais, versátiles e dunha beleza duradeira, concibidas para pasar de xeración en xeración. As súas pezas destacan pola forza dos materiais e por un estilo que convida a soñar ao grande e a celebrar a individualidade.

pilarrodal.es

ZELTIA AO AIRE.

Xoias que reinterpretan a tradición galega do bordado, levándoa a novos horizontes. A marca da deseñadora Zeltia Rodríguez Sedes, fusiona o orgullo por Galicia cunha creatividade rebelde, creando pezas de pasamanería únicas e memorables. Cada xoia convida a levar consigo un anaco de Galicia, destacando pola esencia e a capacidade para conectar con momentos inesquecibles.

zeltiaoaire.com

ONDE E CANDO?

Cinco miradas creativas.

Espazo Es bien.

Rúa Pintor Joaquín Vaamonde, 2.

A Coruña.

Xoves 21 de 17:00 a 20:30.

Venres 22 e sábado 23 de 11:00 a 20:30.

Deja un comentario

Más noticias….