O Chichalovers está de celebración tras recibir recentemente un Solete da Guía Repsol, un recoñecemento que, ao tandem formado por Graciela Castro e Darío Capelo <<nos enche de orgullo e nos impulsa a seguir innovando na nosa proposta gastronómica>>. Con este espírito, lanzan «O Bocata do Chef», unha experiencia de edición limitada que estará dispoñible na súa carta durante un mes. Esta nova creación contará cun chicha (bocata) onde o chicharrón será o ingrediente estrela, elaborado por un chef de vangarda cuxo nome manterán en segredo ata o día da presentación.

Un momento da elaboración dos chicha


Unha homenaxe ao chicharrón
Co obxectivo de seguir destacando a gastronomía local, «O Bocata do Chef» busca poñer en valor un produto tan emblemático como o chicharrón, reinterpretado a través da creatividade dun chef convidado.
Cada edición mensual ofrecerá unha receita única que combina tradición e innovación, mantendo o sabor auténtico do chicharrón pero con toques modernos e sorprendentes. Con esta iniciativa, a parella impulsora de Chichalovers pretende seguir resaltando a riqueza dos produtos locais e apoiar o traballo dos pequenos produtores, comprometéndonos coa sostibilidade e o territorio.

Para dar a coñecer esta nova proposta, o martes 19 de novembro
desvelarán a identidade do chef invitado e a súa creación
única,
permitindo aos asistentes ser os primeiros en degustar «O Bocata do
Chef». A partir do mércores 20 de novembro, este bocata exclusivo
estará dispoñible na carta do seu local en Santiago de Compostela, pero só durante os próximos 30 días.
Cada edición mensual estará a cargo dun cociñeiro galego recoñecido, comprometido coa cociña de proximidade e cunha filosofía sostible, garantindo así unha aposta polos produtos de tempada e de kilómetro cero.

Deja un comentario

Más noticias….