Chichalovers quere reinventar a tradición do bocadillo coa sua nova proposta gastronómica. O Bocata do Chef, busca converterse nunha experiencia mensual que combina creatividade e vangarda, permitindo que chefs destacados deseñen un bocadillo exclusivo que estará dispoñible durante 30 días.

O debut estivo a cargo de Fernando Rodríguez e Eva Guzmán, chefs do recoñecido restaurante O Secadeiro, un antigo secadoiro de cereal reconvertido nun espazo gastronómico único, onde a horta propia e unha cociña sinxela baseada na paisaxe marcan a diferenza. A súa creación, O Chicha de Fernando e Eva, supón unha proposta fresca e atrevida: un bocadillo de chicharróns con guacamole, cebola encurtida, jalapeños, lima e unha demi-glace, que encapsula a súa filosofía culinaria e eleva o concepto dun clásico.
«Queremos que Chichalovers sexa un espazo onde a innovación se atope co cotiá e coa tradición do produto. Con O Bocata do Chef, non só ofrecemos un produto delicioso, senón tamén unha xanela á creatividade dos mellores chefs,» afirmaron os responsables da iniciativa.

O Bocata do Chef chegará cada mes cunha nova proposta, ofrecendo aos amantes da boa mesa un motivo para regresar e descubrir sabores únicos, en constante evolución.

A primeira edición de O Bocata do Chef, creada por Fernando Rodríguez e Eva Guzmán, estará dispoñible ata o vindeiro 15 de decembro no local que Chichalovers abriu na zona vella compostelana.





Deja un comentario