O Concello de O Carballiño acolle estes días (dende o mércores 20 ata o domingo 24 de novembro) o Festival Internacional de Curtametraxes XOCIVIGA – Ano Cero.

A competición internacional do certame está formada por catro curtas galegas, entre elas NENA (2023) dirixida por Xosé Touriñán e Jairo Iglesias. E dezaoito curtas non galegas, onde se poden atopar pezas tan singulares como LES BELLES CICATRICES (2024), presente na Sección Oficial do Festival Internacional de Cannes e que se exhibirá por primeira vez en España.

Ademáis, haberá espazo para os videoclips, cunha competición a través das redes sociais, e para as curtas infantís, destinadas a centros de Educación Primaria.
Entre o xoves 21 e o sábado 23 o Festival Internacional de Curtametraxes XOCIVIGA – Ano Cero desenvólvese en sesións de 17:30, 19:00 e 20:30.

O domingo 24 péchase o certame coa proxección das pezas favoritas do público e o anuncio das curtas gañadoras.
Todas as proxeccións son gratuitas no Auditorio Manuel María do Carballiño.





Deja un comentario