A firma de moda galega Rubearth vén de seleccionar a Irene Somoza Prado (A Coruña, 2005), a Lucas Silvar Bernal (Ferrol, 2004) e a Ainhoa Piñeiro Pereira (O Grove, 2005), estudantes do segundo curso do grao en Xestión Industrial da Moda, titulación que se imparte na Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de
Ferrol da Universidade da Coruña, para colaborar na colección de
outono/inverno do ano 2026 encargándose da elaboración do estampado dunha camisa e dun pantalón curto.
Detrás de Rubearth está o pontevedrés Gabriel Nogueiras quen nos
últimos anos conseguiu destacar entre os deseñadores emerxentes do
panorama nacional e internacional obtendo premios como o Mercedes Benz Fashion Talent (2021 e 2022), o Allianz Ego Confident in Fashion (2022) ou o Barcelona Fashion Forward (2024).
Hai pouco máis dun mes e durante a súa última visita á Facultade de
Humanidade e Documentación, convidado pola profesora Patricia Muñíz e no marco dos Seminarios Profesionais que financia o Campus Industrial da Universidade da Coruña, Gabriel Nogueiras retou ao alumnado do segundo curso do grao en Xestión Industrial da Moda a desenvolver a súa faceta máis creativa facilitándolles unha tea de cor branca de 40 por 40 centímetros. Tal e como el mesmo explica, “houbo estudantes que botaron man das técnicas plásticas para plasmar as súas ideas mentres que outros e outras preferiron bordar ou mesmo esculpir esa tea”.

Piñeiro Pereira, os tres estudantes do grao en Xestión Industrial da Moda
seleccionados para colaborar na próxima colección de Rubearth encargándose
da realización do estampado dunha camisa e dun pantalón curto.
Irene, Lucas e Ainhoa foron os tres estudantes que mellor “entenderon” a filosofía de Rubearth, unha firma que conecta a arte, a moda e a tecnoloxía con deseños personalizables ao tempo que aposta pola sustentabilidade e a fabricación artesá. Desde hai un par de semanas, os tres alumnos do Campus Industrial de Ferrol están a traballar, a distancia e en remoto, no estampado que plasmarán dentro dun par de meses nunha camisa e nun pantalón curto baixo a supervisión de Gabriel Nogueiras. Está previsto que estas dúas prezas se inclúan na colección de outono/inverno do ano 2026 e que se expoñan, xunto co resto de deseños deste pontevedrés, na Vasto Gallery de Barcelona en marzo de 2025.





Deja un comentario