O IV Premio Editorial de Fotografía Documental Galega recaeu no proxecto Entidade Singular. Singular Entity, de Iván Nespereira, “pola súa envergadura, dimensión e ambición. Por ser un traballo profundo, composto de fotografías estéticamente fortes, que darían para facer máis dun libro de calidade”. O xurado, conformado por Tono Arias (Dispara), Lucía Carballeda (Galería Dupla), Marcos Ferreiro (Zlick / AmordeMadre), Sergio Marey (artista multidisciplinar, curadore e xestore cultural) e Suso Vázquez (Fabulatorio),ademais, agradece e valora “o absoluto respeto ás bases do Premio por parte do autor á hora de presentar o material fotográfico á convocatoria: sen secuenciar e de xeito neutro; marcando o camiño pero deixando unha porta aberta á edición”. 
 
Gañar o Premio Editorial impulsado por Acolá para promover a producción de fotolibros desenvolvidos en clave gallega supón para Iván Nespereira a publicación do seu traballo en formato libro da man do selo Dispara, que realizará unha tirada de 300 exemplares,  ademais da percepción de 600 euros en concepto de autoría. O Premio conta co apoio da Fundación Marta Ortega Pérez (Fundación MOP), que aporta todo o finanzamento necesario.

ivan nespereira

Segundo explica Nespereira, ‘entidade singular’ “é un termo utilizado en demografía e que o Instituto Nacional de Estadística define como calquera área habitable dun termo municipal, habitada ou excepcionalmente deshabitada, claramente diferenciada dentro do mesmo, e que é coñecida por unha denominación específica que a identifica sen posibilidade de confusión. O número de entidades singulares que conforman Galicia, lonxe de reducirse á par de poboacións menores que perden habitantes, aumenta cada ano. O idioma, a música, costumes, tradicións, a forma de ser dos habitantes do territorio ou a historia mesma foron as singularidades ou elementos diferenciadores que son utilizadas durante anos por institucións de toda índole e pensadores que buscan con diferentes obxectivos definir Galicia”.

Iván Nespereira (Ourense, 1978) traballa como fotógrafo e realizador freelance no ámbito da publicidade desde 2002. Inviste tempo en desenvolver proxectos documentais a longo prazo, que parten da investigación e onde a fotografía e o vídeo son as principais ferramentas que utiliza.

Deja un comentario

Más noticias….