Sexas mais de Melchor, de Gaspar ou d Baltasar, o certo e que Os Reis Magos son unha tradición moi nosa. Por iso Feiraco decidiu celebrar o Nadal promovendo un dos costumes máis entrañables da nosa infancia como é a de deixarlle o leite a Melchor, Gaspar e Baltasar na noite de Reis. Esta marca láctea galega, pertencente á cooperativa rural galega CLUN, que reúne a máis de 3.000 gandeiros galegos que venden o leite directamente e sen intermediarios, pon en marcha unha campaña de Nadal dirixida especialmente aos grandes protagonistas destas datas: os nenos e nenas galegos.
FEIRACO sorteará lotes de tres vasos personalizados, un para cada Rei Mago, para que este ano poidan repoñer forzas con leite 100% galego mentres están repartindo os agasallos por todas as casas na noite do 5 ao 6 de xaneiro.
Uns vasos que se poderán conseguir coa compra de seis litros de leite FEIRACO de calquera referencia. Para participar no sorteo só será preciso subir unha foto desa caixa, xunto co tícket de compra, a un formulario que se atopa na web www.feiraco.es e nas súas redes sociais. Ademais, para facilitar o acceso ao devandito formulario, nos propios envases de leite FEIRACO edición especial de Nadal, haberá un código QR para inscribirse dende o móbil e participar no sorteo dos vasos.
Esta promoción estará aberta ata o 27 de decembro. Unha vez pechadas as inscricións, FEIRACO sorteará os lotes dos tres vasos coas imaxes de Melchor, Gaspar e Baltasar entre todas as persoas participantes. Os vasos serán enviados directamente ás vivendas das familias afortunadas, de forma que estarán dispoñibles con tempo suficiente para recibir ás súas Maxestades os Reis Magos.





Deja un comentario