UNS CALCETÍNS.

A marca galega de moda elPulpo e a Fundación Querer, dedicada a nenos con necesidades educativas especiais derivadas das súas enfermidades neurolóxicas, uniron forzas para lanzar unha colección de calcetíns solidarios do Nadal. https://elpulpo.com/ https://www.fundacionquerer.org/

UNS PEDENTES.

Carmen Álvarez é a primeira persoa con síndrome de Down en abrir unha tenda e converterse nun exemplo de autoemprego, de emprendemento e de inclusión laboral dentro de Artesanía de Galicia,marca da que forma parte Carmelamola dende o ano 2023. https://carmelamola.com/

UNS MIMOS.

Náyade Centro de Beleza son expertos nos tratamentos máis avanzados de medicina estética. Asesoramento personalizado para gañar saúde, tempo e felicidade. https://nayadebelleza.com/

UNHA BOTELLA DE VIÑO.

Dona Luci, elaborado na Denominación de Orixe Rías Baixas, obtivo 93 puntos no prestixioso concurso da Guía Gourmets, unha das publicacións máis influentes no mundo do viño en España. Este recoñecemento posiciona a Dona Luci como un dos mellores caldos do país e resalta a súa excepcional calidade. https://www.vinigalicia.es/es/

UNHA CEA INESQUECIBLE.

A Curtidoría é un restaurante de corte mediterráneo onde o arroz é o protagonista. Ademais, empregan produto galego en todo o seu receitario. https://acurtidoria.com/

UNHA TOTE BAG.

Ou un sudadoiro. Os debuxos de Cuireacuarelas sobre tea son un éxito seguro para calquera membro da familia. @cuireacuarelas

UN BOLSO.

Artesanía contemporánea. Dende o deseño ata a colocación das etiquetas, todo o proceso está desenvolvido por Lara. Materiais resistentes e de primeira calidade. https://mundaya.com/

UN DISCO.

“Todo e Nada”, o primeiro disco de Borja Quintela, cantante e compositor ourensán que comezou no mundo da música aos dezanove anos. https://borjaquintela.com/

UNHA EXQUISITEZ.

O grupo ourensán Cuevas incorporou aos seus produtos feitos con castaña un queixo de cabra con Marron Glacé, o doce que lles fixo máis coñecidos. https://www.grupocuevas.com/

UNHA AXENDA.

As axendiñas Cartoné xa son un clásico. Pódense atopar en diferentes librarías e na súa web. https://irmascartone.com/

Deja un comentario

Más noticias….