Simón Muñoz Veiga é o primeiro dos artistas que exporá o seu traballo no Espazo de Arte de Roberto Verino este 2025. Será coa exposición As Meniñas, de este pintor realista (San Amaro, 1988) que centrou a súa obra na exploración da figura humana a través de medios tradicionais como lapis de cor.
A exposición As Meniñas reúne unha serie de obras de Simón Muñoz Veiga, un autor de pintura realista cuxas creacións destacan polo seu meticuloso uso de lápices de cores. Nesta mostra, Simón Muñoz presenta unha serie de retratos de nenas, cun estilo inspirado no Barroco, pero cunha reinterpretación propia que reflicte a natureza humana.

simon muñoz veiga verino


A través da súa técnica precisa e detallada, o autor captura a inocencia e a complexidade das súas modelos, explorando a dualidade da fraxilidade e a fortaleza do ser humano. Os retratos caracterízanse pola súa luminosidade, intensidade emocional e o tratamento minucioso de cada trazo do rostro que evoca aos grandes artistas barrocos da época.

Deja un comentario

Más noticias….