Feira de Ciencia Isabel Zendal, que o vindeiro sábado 1 de febreiro despregará nas salas do Aquarium Finisterrae catorce obradoiros divulgativos sobre ciencia, atendidos por profesorado e alumnado da UDC, ofrecendo ao público unha grande oportunidade para descubrir e aprender ciencia participando nunha ampla diversidade de experimentos, xogos e actividades.
Para visitar este día o Aquarium Finisterrae (que celebra xornada de portas abertas con entrada gratuíta), e participar nos obradoiros, é preciso efectuar previamente unha reserva de entradas, que poderá realizarse a partir das 9.00 horas do mércores 29 de xaneiro a través da plataforma de ticketing do Concello, habilitada aquí. Para facilitar o acceso ás persoas maiores de 65 anos, estas poderán acceder sen reserva, acompañadas doutra persoa se o precisan.
As persoas que desenvolverán as actividades estarán caracterizadas como as e os protagonistas da expedición da vacina, da que toma nome esta feira. Isabel Zendal e Francisco de Balmis serán interpretados por Ana González Tizón e Andrés Martínez Lage, mentres que as alumnas e alumnos serán os nenos vacuníferos.


A feira incluirá catorce talleres divulgativos sobre algúns dos grupos animais máis característicos que se poden ver no Aquarium Finisterrae, como peixes, polbos, quenllas e cangrexos, ademais doutros temas sobre saúde e bioloxía como os Super tiburóns (presentación do tiburón de Groenlandia, un peixe cartilaginoso cunhas características xenéticas e fisiolóxicas que lles fai parecer uns superheroes); Doutor Octopus (os polbos son mestres da camuflaxe, cambian de cor hábilmente ante determinadas situacións, adaptándose ao fondo mariño pasando desapercibidos para outras especies. Neste taller explicarase como, cando e por que se camuflan); Un curioso mejicano (o axolote é un un animal sorprendente. Mediante xogos e crebacabezas proponse descubrir que é a neotenia, o curioso proceso que o fai tan especial); Peixes mutantes (proponse ao público crear o seu propio peixe mutante); Don Cangrexo (un obradoiso sobre como viven os cangrexos, a súa anatomía, bioloxía e os seus cromosomas); Editando xenomas (explicación da tecnoloxía CRISPR-Cas9, utilizada en xenética e
bioloxía molecular e que permite cambiar o ADN dun organismo); ou o Taller de enfermería (reanimación cardiopulmonar básica, primeiros auxilios de feridas, conceptos básicos de nutrición, calzado saudable, antropometría e morfoloxía do pé, estudo das presións plantares) entre outros.

A Feira está organizada por UDCiencia d+i, un grupo de divulgación científica e innovación docente da Universidade da Coruña, en colaboración co Aquarium Finisterrae. Leva o nome de Isabel Zendal como homenaxe á Real Expedición Filantrópica da Vacina, que partiu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803.

Deja un comentario

Más noticias….