Malia que foi un oficio fundamental durante séculos, a maioría dos ferreiros están hoxe desaparecidos en case toda Galicia. En Riotorto, quedan ainda algúns en activo, e ese un dos motivos para que o Concello e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto, co apoio do Goberno galego celebren unha Feira de Artesanía que xa vai pola súa XVI edición. Será o 20 de abril, e xa se está perfilano o amplo programa de actividades entre as que se inclúen as demostracións ao vivo e obradoiros relacionados con este vello oficio.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, reuniuse co alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, para abordar distintos aspectos relacionados coa celebración da XVI Feira de Artesanía do Ferro

Este evento contribúe a divulgar o oficio tradicional do ferro, estreitamente vinculado á zona oriental da provincia de Lugo, e a poñer en valor o labor dos ferreiros fomentando remuda xeracional.

Deja un comentario

Más noticias….