En Chichalovers teñen claro que se conquista polo estómago, por iso este San Valentín lanzan unha proposta diferente: «Bocatas a Cegas«, unha cea exclusiva para seis persoas que comparten a paixón pola boa comida e as boas conversas.
Lonxe do concepto tradicional das citas románticas, esta iniciativa busca reunir a persoas de entre 25 e 35 anos cunha afinidade común: o amor pola gastronomía. Durante a noite, os seis convidados compartirán bocadillos edición especial, xogos para romper o xeo e moitas sorpresas, todo arredor da única mesa do local do coñecido local de bocadillos de Santiago de Compostela

Como participar
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 10 de febreiro cubrindo un formulario no que terán que responder preguntas tan divertidas como “Se foras un bocata, cal serías e por que?” ou “Se tiveses que describirte cun refrán galego, cal sería?”. Entre todas as inscricións, Chichalovers escollerá ás seis persoas máis afíns para compartir esta experiencia única.






Deja un comentario