Galicia precisa incrementar as reservas de A- e 0- para responder ás
necesidades dos hospitais
. Os meses de xaneiro e febreiro adoitan coincidir cun aumento de enfermidades como a gripe, que impiden a doazón de xeito temporal, ata a recuperación dos afectados, polo que son datas nas que se pode reducir a base de potenciais doantes.
Non obstante, a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos hospitais galegos non diminúe, e todos os días do ano precísanse entre 400 e 500 doazóns de sangue.

doazon sangue
Friendly hospital phlebotomist collecting blood sample from patient in lab. Preparation for blood test by female doctor medical uniform on the table in white bright room


Agora mesmo, ademais, está en marcha a campaña para fomentar a doazón de sangue promovida pola Consellería de Sanidade e a Asociación galega de empresas de envasado de auga mineral natural (AGAMIN), en virtude dun convenio de colaboración asinado a finais do pasado ano co obxecto de contribuír a garantir a cobertura das necesidades hemoterápicas dos centros sanitarios galegos.
En virtude dese acordo, AGAMIN comprométese a poñer á disposición da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue un total de 75.000 botellas de auga de 500 ml que están a seren distribuídas entre as persoas doadoras. Así mesmo, a asociación está a distribuír entre os seus asociados información relativa ás actividades promovidas por ADOS.
Para máis información relativa á doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles, ADOS dispón do sitio web, as
redes sociais, e o teléfono gratuíto: 900 100 828.

Deja un comentario

Más noticias….