O proxecto Xenoma Galicia pretende recompilar o ADN de 400.000
galegos
e identificar variantes xenéticas de alto risco. O proxecto de investigación xenómica inclúe a detección do risco de padecer cancro de mama e ovario hereditario, así como Síndrome de Lynch, asociada, entre outros, ao cancro de colon.

xenoma galicia deteccion precoz cancro
A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, xunto co director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, Ángel Carracedo, interveu na xornada celebrada esta tarde no Consello da Cultura Galega para detallar o valor que terá o proxecto Xenoma Galicia na prevención e personalización da medicina.


No seu labor de prevención, a Dirección Xeral de Saúde Pública está a desenvolver dous proxectos pilotos de cribados de cancro. Por unha banda, de pulmón, na área sanitaria da Coruña e Cee, e pola outra, de próstata, na área de Ferrol. Ten completamente consolidados os cribados de cancro de mama, de cérvix e de colon.
Ademais, Galicia lidera unha investigación sobre cancro de mama que pretende validar un sistema de cribado en función do risco personalizado e non só do criterio de idade en cada muller.

Deja un comentario

Más noticias….