Estos días se celebra en Santiago a 51ª reunión anual da Sociedade Galega de Oftalmoloxía no que o conselleiro de Sanidade, Antonio
Gómez Caamaño, dixo que o Servizo Galego de Saúde o ano pasado superou as 29.000 cirurxías, é dicir, un 5 % máis que en 2023.
De feito, as operacións relacionadas coa vista son as terceiras máis frecuentes que se realizan en pacientes de máis de 90 anos, por detrás de traumatoloxía e dermatoloxía. En concreto, en 2024 realizáronse máis de 650 cirurxías oftalmolóxicas, un 1,6 % máis que no exercicio anterior.
Para aumentar a capacidade diagnóstica destes servizos e a detección precoz de lesións oculares, o Servizo Galego de Saúde investiu recentemente máis de 315.000 euros en 18 novos retinógrafos para centros de saúde da área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco
de Valdeorras.
Ademais, púxose en marcha un proxecto pioneiro de teleoftalmoloxía que comezou en 2009 na área de Ferrol e que atende máis de 6.000 teleconsultas ao ano cun tempo de resposta inferior aos 6 días. Istoreduce o número de consultas externas nos centros hospitalarios, evítalle aos pacientes miles de desprazamentos e permite aumentar as revisións periódicas para evitar complicacións.
As operacións relacionadas coa vista son as terceiras máis frecuentes en pacientes maiores de 90 anos en Galicia
O servizo de teleoftalmoloxía atende mais de 6.000 teleconsultas anuais





Deja un comentario