Antes de ser un paraíso gastronómico, o local do Ernesto Patio-Bar foi unha xoiería e máis tarde «O Ernesto», un bazar onde se podía atopar de todo, desde sementes ata xabóns.

Por este motivo Ernesto Patio-Bar presume da historia que o arroupa creando unha carta onde tradición e innovación van da man.
Ao longo de febreiro o corazón do Carballiño sumérxese no fascinante mundo da alta cociña a través das Xornadas da Trufa Negra organizadas no Ernesto Patio-Bar. Ata finais de mes este prezado fungo, coñecido como o diamante negro da cociña, convértese no protagonista absoluto da súa carta.

Ensalada de burrata con perlas de trufa negra, ovos fritos trufados, solombo de tenreira, foie e salsa de trufa… A que se che fai a boca auga?

Os amantes da boa mesa aman este fungo, un dos ingredientes máis cobizados do mundo polo seu aroma intenso e o sabor inconfundible. Unha xoia culinaria!
ERNESTO PATIO BAR
Rúa Rosalía de Castro 22
O Carballiño (Ourense)
info@ernestopatiobar.com
609 817 591





Deja un comentario