Máis de 350 mozos e mozas de entre 5 e 16 anos participaron este fin de semana na décimo primeira edición da FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) que tivo lugar no Campus Industrial de Ferrol. As presentacións dos Proxectos de Innovación realizáronse na Facultade de Humanidades e Documentación e na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) mentres que o Xogo do Robot se disputou no Pavillón de Esteiro. Pola súa banda, o Auditorio Municipal de Ferrol acolleu o acto de entrega de premios, xa en horario de tarde, ao que asistiron participantes, autoridades e familias.
Logo dunha intensa mañá de presentacións, probas e de moitos nervios, o equipo Captioma Elementals, Captioma Galicia SL (Ourense)alzouse co Primeiro Premio Ingenier@ Soy ao Gañador , o MEGA BUILDER TEAM, MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)acadou o Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador ; pola súa banda Ctrl+T, IES As Telleiras (Narón, A Coruña)foi Primeiro Premio Concello de Ferrol aos Valores FIRST . O Segundo Premio Deputación da Coruña aos Valores FIRST foi para ROBOT CITY POBRA, MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña); o Primeiro Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación levouno o MontecasteloBOT, Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra); o Segundo Premio ICOIIG ao Proxecto de Innovación foi para Os robots do pazo, IES de Fene (Fene, A Coruña); o Premio ao Deseño do Robot acadouno o Team Krakern (Avilés, Asturias); o Premio ao Comportamento do Robot recaeu en Captioma Elementals, Captioma Galicia SL (Ourense); Premio .GAL ás Novas Promesas acadouno o equipo The Electrics, e-makers Lab (Narón, A Coruña); o Premio GABADI á Excelencia en Enxeñaría foi para Sea Savers, Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña); o recoñecemento ao Compañeirismo gañáronno Os Muxes, Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña); o Premio ao/á adestrador/a foi para David García, do equipo Team Kraken; a Nominación National Innovation Award recaeu no equipo MontecasteloBOT, Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra).

A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares, entregoulle o Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador, aos e ás integrantes do equipo MEGA BUILDER TEAM do Centro e Formación MEGA Riveira.

A Universidade da Coruña (UDC), a través do Campus Industrial e da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), e en colaboración con ingeniera.soy, organizou, na cidade departamental, a décimo primeira edición da FIRST LEGO League Galicia, un campionato no que participaron un total de 53 equipos (27 na categoría FLL Challenge, 22 na FLL Explore e 4 na FLL Discover). O evento, coordinado polo profesor José Antonio Becerra, puido seguirse en directo a través da canle de YouTube da FLL Galicia.

Deja un comentario

Más noticias….