A creatividade e a imaxinación reinaron sobre a alfombra vermella dos premios Mestre Mateo do audiovisual galego. Foron moitos os intérpretes que elixiron deseños de creadores emerxentes, coma Laura Villar, alumna da EASD Mestre Mateo e recente gañadora do premio Despunte Moda. Así, a actriz María Vázquez apostou por lucir unha das pezas de Lembranzas, a colección desta rapaza inspirada na esencia dunha feira de oficios tradicionais en Galicia, que completou cun orixinal bolso da firma artesá Suidade.

Tamén se decantaron por Laura Villar a pequena Jimena García, cun dous pezas azul oscuro e zocos de Elena Ferro; e as creadoras de contido Totakeki, que luciu un conxunto negro de croptop e saia longa; e María Rúa, de branco cun deseño con corpiño e encaixe.

Non foron as únicas alumnas deste recoñecido centro compostelá que estiveron nos galardóns da Academia do Audiovisual Galego. A intérprete Belén Puime vestiu unha creación feita a medida por Yara Barral, na que destacaba un espectacular corpiño, con xoias de Abofé e bolso de Mary Mariño.

Tamén Carlota Mosquera e Ana Oca levaron traballos doutra creadora da mesma escola, Sofía Lamela; mentres que María SOA escolleu unha blusa de encaixe negro de 6leira66.

Estibaliz Veiga optou por un chamativo vestido transparente de gasa negra, con carapucha e cunha longa cola de Eva Ramudo, ex alumna de Form Arte. Nas súas costas podía lerse a frase de Rosalía de Castro «Din que non falan as plantas…», en alusión o nome do programa polo que estaba nominada. Completou o outfit cas cruces de Xoería Obradoiro.

Un dos traxes máis espectaculares da gala, celebrada en Lalín, foi o da intérprete Arantxa Costas, unha peza obra de Xoaquín Ruiz, confeccionada en tul vermello co obxectivo de dar visibilidade as persoas con lesións cerebrais.

Tamén acaparou todas as olladas María Mera, fiel por sexto ano consecutivo a De los Aires, que luciu un vestido cunha silueta inspirada na beleza clásica do antigo Hollywood, en cor violeta e negro en mikado de satén con efecto mollado. As súas xoias son de Zeltia Ao Aire.

Da mesma firma apareceu sobre a alfombra a xornalista e presentadora Alba Mancebo, presumindo de costas, cunha gran abertura pechada cun lazo xigante.

Outra que apostou pola moda feita na terra foi a gañadora do Mestre Mateo Lucía Veiga, que elixiu un fermoso kimono de seda, de Lucía Gulías, confeccionado coa técnica shibori en tons azuis e con forro vermello.

Inspiración oriental tamén para a peza da directora Jaione Camborda, feita a medida por La Mapache, e que ten a peculiaridade de ter flores naturais tratadas para a ocasión.

Outra das gañadoras da noite, Carmen Méndez elixiu a Franco Quintáns, que visteu a máis mulleres nesta gala, coma Señora DJ, encargada de amenizar a festa posterior; Diana Nogueira ou Iria Sobrado.

Moitos comentarios espertaron nas redes sociais as chamativas botas de Balenciaga que levou o influencer Xurxo Carreño, que co seu estilismo estivo a piques de eclipsar a súa parella a xornalista Rocío Durán, que optou por un vestido vermello de inspiración flamenca de Silvia Fernández.

A instagramer Natalia Maquieira foi outra das que acaparou as miradas no Lalín Arena, grazas o espectacular deseño que visteu, de Alejandro Resta, coroado cuha lazada de grandes dimensións.

Os homes, coma o xa mencionado Xurxo Carreño, tamén quixeron deixar constancia de que cada vez lle dan máis importancia aos outfits da alfombra vermella. Miguel Canalejo, cun look branco, e Adrián Ríos, de oscuro, apostaron polo creador emerxente Marío Lorenzo, e deixaron de lado a estética máis convencional.

Outro que arrasou co seu colorido look foi Xián Martínez, corógrafo da gala, que luciu un deseño de Arnau Jorba, que o bailarín identifica co Entroido galego. O vestuarista Neme Vázquez tamén chamou a atención cun deseño verde lima feito por el mesmo.

Sen dúbida, foi unha noite na que a creatividade, no máis amplo dos seus sentidos, inundou o Lalín Arena, que converteuse na mellor pasarela para o talento galego.

Deja un comentario

Más noticias….