A obra PERIFERIA#01, pola que Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica, foi galardoada na última edición do premios Artesanía de Galicia, é un exemplo representa o presente e o futuro dun oficio tradicional como é a cestería, apostando por unha artesanía competitiva no mercado actual, que mantén moi presentes as súas raíces e fusiona o legado do feito á man cunha visión contemporánea, innovadora e multidisciplinar.

A artesá redefine a cesta tradicional para convertela nun obxecto cheo de oportunidades estéticas e experimentando co uso de elementos e materiais máis industriais —como pode ser o cemento— para recubrir o tecido das fibras vexetais.

.
Julia de la Cal tamén foi beneficiaria en 2021 dunha das bolsas Eloi Gesto outorgadas pola Fundación Artesanía de Galicia, o que lle permitiu completar a súa formación en Francia e afondar na aplicación do seu oficio a ámbitos como o paisaxismo. Precisamente na actualidade, La Parabólica conta con proxectos de construción de vimbio vivo, de peches de vimbio para diferentes espazos e mesmo de escaparatismo, como a intervención realizada en 2024 para diferentes tendas do deseñador ourensán Adolfo Domínguez.

Julia de la Cal está comprometida coa transmisión do seu oficio e destaca a súa colaboración coa Fundación Artesanía de Galicia participando en eventos tan importantes coma o Corazón da Artesanía de Agolada, como docente en Artesanía de Galicia no Courel e través de diferentes actividades de divulgación como os Días Europeos da Artesanía.

Impulso estratéxico do sector artesán
La Parabólica é un dos máis de 250 obradoiros artesáns ahderidos a Artesanía de Galicia na provincia de Pontevedra. O Goberno galego mantén un firme compromiso con este sector fundamental, fonte de emprego, de desenvolvemento sustentable e de emprendemento ligado ao territorio e que terá un oco prioritario no Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030, unha folla de ruta que a Xunta rematará este mes tras un intenso proceso de escoita activa con todo o sector.
Ademais de medidas específicas para continuar impulsando o sector comercial e adaptándoo aos novos retos, o plan tamén contemplará actuacións para garantir a competitividade e a remuda xeracional dos oficios tradicionais, reforzando a continuidade do programa pioneiro iniciado en 2023 Aprender da tradición, coa vontade de incrementar
o número de actividades e a diversidade de técnicas.
Precisamente no marco deste programa está en marcha na actualidade o curso Fibranzas. Laboratorio de fibras vexetais, unha acción formativa de catro módulos enfocada á divulgación e á transmisión dos oficios da cestería e dos labores de palla e con fibras vexetais en sentido amplo. Os alumnos e alumnas poderán achegarse ao proceso completo: desde a obtención das fibras vexetais cesteables ata o deseño de produto e a produción artística, pasando tamén polas técnicas de cestería tradicional.
A formación, que se prolongará ata decembro de 2025, desenvólvese en San Cristovo de Mouricios (Chantada) e contará coa participación de cesteiros galegos como Idoia Cuesta, Álvaro M. Leiro ou Enrique Táboas, os daneses Jette Mellgren e Jan Johansen, o catalán Pau Trepat, a artista Sonia Navarro ou o deseñador Miguel Leiro.





Deja un comentario