A Xunta publica hoxe no Portal de Contratos Públicos a licitación, por importe de 329.120 euros e un período de seis meses, o subministro, en réxime de arrendamento, dunha resonancia magnética móbil para dar servizo aos hospitais públicos comarcais.
Estes equipamentos móbiles de resonancia magnética están dotados dunha resonancia de alto campo que ofrece o mesmo nivel de calidade de exploración que as resonancias fixas instaladas nos hospitais.
Desta forma, o Servizo Galego de Saúde fomenta a equidade no acceso á sanidade pública ao evitar desprazamentos aos pacientes achegando as probas diagnósticas e o persoal cualificado a todos os hospitais comarcais públicos.


Co alugueiro deste equipamento, o Servizo Galego de Saúde renova unha das catro resonancias magnéticas móbiles coas que conta. A actividade anual de cada unha delas supera as 8.300 resonancia e a demanda deste tipo de probas segue a ser crecente.
Este servizo foi pioneiro no emprego da telerradioloxía, colaborando cos radiólogos dos centros e en estreita colaboración cos facultativos que solicitan as exploracións.
O contrato inclúe tamén o mantemento preventivo e correctivo de todo o equipamento, incluído o remolque, para reducir ao mínimo posible os tempos de parada en caso de avaría.
As empresas interesadas teñen de prazo ata o 30 de abril para presentar as súas ofertas.

Deja un comentario

Más noticias….