O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, comprobou hoxe nunha visita á capela de San Lois de Orazo, na parroquia estradense de San Pedro, o resultado dos traballos levados a cabo para a restauración do seu retablo seguindo na liña, dixo, “do noso compromiso coa rehabilitación, mantemento e conservación dos bens patrimoniais que atesouramos en toda Galicia, ben se atopen en grandes templos ou pequenas igrexas”.

Retablo de San Lois de Orazo
Retablo de San Lois de Orazo


A actuación enfocouse en “recuperar a autenticidade da peza para achegarnos á súa versión orixinal, como así o vimos facendo noutras moitas intervencións ao longo do territorio”.
Neste senso, lembrou que “estamos na procura de recuperar elementos do noso patrimonio relixioso para contar a nosa historia ás xeracións futuras, preservándoo nas mellores condicións”.


Trátase dun retablo de estilo neoclásico realizado en
madeira de castiñeiro con policromías oleosas e douradas. Así, esteticamente a peza presentaba varias capas de repintados e purpurinas que alteraron de maneira significativa o seu aspecto, ocultando a policromía orixinal, ou moi próxima á época de construción do retablo, que agora se recupera “recobrando deste xeito o seu valor histórico e artístico”.


Os traballos de rehabilitación consistiron na limpeza, tratamento e protección de elementos metálicos, así como na revisión das consolidacións efectuadas no soporte e tratamento mediante unha resina acrílica. Tamén se reintegraron volumes, gretas e fisuras e se levou
a cabo a eliminación dos repintados e unha limpeza co fin de recuperar a súa lectura cromática. Finalmente, para a súa protección, realizouse un vernizado de con resinas naturais.

Deja un comentario

Más noticias….