Este xoves recibimos a artista Isabel Aaiún! Desde Segovia chega tras o éxito do seu tema “Potra Salvaje” que xa é todo un himno do Land Rober. Imos poñela a proba xunto con Eva, Roi e algunha sorpresa máis nunha nova entrega de “Duetos Imposibles”.
Na ficción chegan “As Mañás de Marilú”… O alcalde de Pazos ven anunciar o rearme de Pazos. Preparádevos para o show.
Teremos nova entrega tamén do xogo de moda, “A quen te pareces?”. A que famosos se asemellará o noso público?
Isto e moito máis o xoves con Roberto Vilar, Eva Iglesias e Roi Méndez, a partir das 21.30 horas na Televisión de Galicia.
Este xoves vén pintar a mona ao Land Rober Isabel Aaiún
A artista falará do seu éxito » Potra Salvaje»





Deja un comentario