Os investigadores do Grupo de Sistemas Térmicos e Transferencia de Calor do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña Pablo Fariñas e Javier García acadaron a concesión da patente “Sistema de termoestabilización dunha carga no seo dun fluído dieléctrico”, unha tecnoloxía para a refrixeración de compoñentes electrónicos de alta potencia térmica baseada no principio de ebulición a temperatura constante dun fluído dieléctrico.


Esta tecnoloxía, nomeada freeCool, funciona utilizando a ebulición dun fluído dieléctrico dentro dun recipiente selado herméticamente para manter os compoñentes electrónicos a temperatura constante e óptima para o seu funcionamento. Así, cando este líquido empeza a ferver, a súa temperatura mantense constante e a calor adicional, en lugar de incrementar a temperatura,
vaporízase. Ademais, o exterior do recipiente podería arrefriarse utilizando auga corrente, xa que en ningún momento entra en contacto cos compoñentes electrónicos nin co fluído dieléctrico.
Este método supón unha vantaxe con respecto a outras técnicas de arrefriamento, como o uso de aire acondicionado e os sistemas de inmersión líquida convencionais, que teñen un rendemento inferior e requiren un subministro de enerxía adicional.

Pablo Fariñas e Javier García


Aplicacións Potenciais

Este novo sistema podería ter unha ampla gama de aplicacións, incluíndo
centros de datos, súper computadoras, minería de criptomoedas, intelixencia
artificial, electrónica de potencia en diversas industrias, tales como a
distribución eléctrica, o transporte, os vehículos eléctricos, os equipos militares,
etc.
Ademais, unha característica distintiva de freeCool é a súa capacidade para
funcionar en vehículos en movemento e incluso boca abaixo, algo que non
poden facer outros sistemas de arrefriamento.
En resumo, freeCool preséntase como unha solución innovadora e eficiente
para a refrixeración de compoñentes electrónicos de alta potencia, ofrecendo
unha temperatura de funcionamento constante, una redución significativa da
densidade de potencia térmica e un potencial de funcionamento sen consumo
enerxético en determinadas condicións.

Deja un comentario

Más noticias….