A Facultade de Informática da UDC acollerá entre os días 4 e 6 de abril as competicións da XXIX edición da Olimpíada Informática Española (OIE). Unha competición de programación algorítmica
destinada a estudantes de ESO e Bacharelato de toda España. Tras anos realizándose sempre en Madrid, a celebración desta olimpíada pasou a ser rotatoria na pasada edición, estreando este ano unha novidade máis que é a ampliación de estancia por parte das persoas participantes na
cidade anfitrioa.
En total, serán un total de 41 participantes (36 mozos e 4 mozas). Todos, seleccionados nas súas olimpíadas rexionais e nun clasificatorio aberto. Galicia conta con dúas persoas seleccionadas.
O obxectivo fundamental é fomentar o talento en informática e a resolución de problemas computacionais, preparando as xeracións mozas para retos académicos e profesionais de alto nivel. De feito, a mocidade participante conta cun alto potencial en matemáticas, programación e resolución de problemas algorítmicos.
Será o venres pola tarde cando comece o programa, que o fará coa sesión de benvida e de probas. Xa o sábado celebrarase a primeira sesión do concurso e pola tarde contarán cunha planificación de actividades sociais e turismo, para reiniciar a competición o domingo, horas antes da entrega de premios, na que ademais dos galardóns se coñecerán as clasificacións que darán acceso á
olimpíada internacional.

Deja un comentario

Más noticias….