O Centro Sociocultural coruñés Ágora acolleu unha nova edición de Oficios en Acción, a festa da artesanía organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Asociación Galega de Artesáns. Centos de persoas participaron ao longo da xornada nas distintas actividades, obradoiros e demostracións en vivo, nun evento pensado para divulgar, preservar e poñer en valor os oficios artesanais galegos.

A iniciativa consolídase como unha cita de referencia na cidade da Coruña para a difusión da artesanía. Durante todo o día, as aulas do Ágora enchéronse de actividade, acollendo obradoiros nos que as persoas participantes puideron aprender técnicas como a encadernación xaponesa, a creación de xoiería en cera, a elaboración de pezas de cerámica con técnica Kurinuki ou o traballo co coiro, entre outras.

A diversidade de propostas, repartidas en cinco aulas do centro, permitiu que persoas de todas as idades puidesen gozar dunha xornada aberta e gratuíta. Desde familias con nenos ata persoas interesadas no mundo da artesanía profesional, todas atoparon espazos de aprendizaxe e
inspiración.





Deja un comentario