O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou hoxe, na súa visita ás obras do Centro de Protonterapia de Galicia, os importantes avances acadados nesta infraestrutura sanitaria co remate do búnker dedicado a asistencia, onde se emprazará despois do verán o equipo de tratamento máis avanzado contra o cancro.
O titular da carteira sanitaria do Executivo galego visitou, na compaña do xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada; do director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo Silva; e do xerente da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, Ángel Facio, as obras do Centro de Protonterapia, ao carón do Hospital Clínico, ao cumprirse un ano do seu inicio.
En concreto, o conselleiro visitou o futuro búnker de radioterapia dedicado ao tratamento
de pacientes, xa que o centro conta con outro búnker paralelo que se destinará
inicialmente á investigación. Estamos a falar, destacou o responsable da Consellería de
Sanidade, de 10.000 toneladas de formigón.
Tal e como detallou Gómez Caamaño, ao rematar o período estival procederase á
instalación do acelerador que, a partir de entón, someterase a todas as probas necesarias
para comezar a ofrecer no 2026 un tratamento avanzado aos pacientes.
O CENTRO DE PROTONTERAPIA DE GALICIA CONCLÚE O BÚNKER QUE RECIBIRÁ DESPOIS DO VERÁN O EQUIPO DETRATAMENTO MÁIS AVANZADO CONTRA O CANCRO
O obxectivo é atender a preto de 250 pacientes cada ano, de Galicia, Asturias e de Castela-León,





Deja un comentario