O vínculo entre as persoas e as súas mascotas é cada vez maior. Hoxe son moitos os que os consideran un máis na familia e, por tanto, cada vez están máis integradas en todas as actividades do día. Saír a tomar algo, comer ou viaxar co animal de compaña xa é unha demanda moi extendida, e existe un desexo de compartir o lecer xuntos. Aínda que nos últimos anos aumentou o número de establecementos que aceptan cans e outros animais, ás veces custa atopar sitios nos que toda a familia sexa benvida. Para dar resposta a esa necesidade nacen estes Soletes da Guía Repsol Pet Friendly que destacan os locais nos que as mascotas son benvidas.

Foto: Sofía Moro
En Galicia, destaca Santiago con cinco locales recoñecidos: A Café, Black Cat, Casa Ramos, Adèlia Café y A Porta Verde ,ademais na provincia de A Coruña Marc de Café y Miss Maruja, na Coruña, e Lusitania en Ferrol.
Pontevedra tamen ten boa oferta para os “peludos»: Perbacco!, Café Singular e Brunch Limón, na Boa Vila, xunto con Los dulces de Albita e Tintico en Vigo, Diurno en Vilagarcía de Arousa e Cafuné en O Grove.
En Lugo, destacan Manix, en Chantada, e Coffee Urban Roasters, en Foz. Pola sua banda, Ourense suma tres locales á lista: Lima Café, Latorta y Lola Limón.

Atopar cafeterías, bares ou restaurantes nos que sentirse a gusto, cun trato próximo e unha oferta apetecible que, ademais, admitisen animais no seu interior, foi un reto que os expertos de Guía Repsol afrontaron con entusiasmo. O resultado son estes 270 novos Soletes, 20 deles en Galicia, distinguidos cunha cualificación que, tras unha decena de edicións, xa ten a súa propia personalidade dentro do universo Guía Repsol. “Os Soletes son sitios aos que temos moito agarimo, que están atentos ás tendencias e ás demandas sociais. Detectaramos un interese crecente dos usuarios por descubrir onde podes ir coa túa mascota. Eu mesma teño un can, ‘Bowie’, e faime feliz poder incorporalo ás saídas familiares. É unha pena deixalo só mentres vas comer. Así que non podo estar máis contenta con esta edición”, asegura María Ritter, directora de Guía Repsol.
Agora que arrinca a Semana Santa, a Guia Repsol pretende acompañarnos a donde quera que vaiamos, nesas escapadas tan necesarias. Tamén se quedamos na casa, porque sempre hai un novo recuncho que descubrir na nosa propia cidade no que non che van a negar a entrada cos teus animais amigos.

Despois dos Soletes con Solera, centrados en sitios tradicionais, e os Soletes de confianza, baseados en recomendacións dos grandes chefs, esta edición de Soletes continúa coa mesma filosofía coa que naceron: dar a coñecer lugares que recomendarías a un amigo, pola súa proposta próxima e alcanzable, e que apetecen en calquera momento do día.
Nesta edición, Guía Repsol recoñeceu 20 Soletes con mascota en Galicia. En total, Galicia conta con 309 Soletes. Estes son os novos:





Deja un comentario