O Concello da Coruña celebra o Día Internacional dos Monumentos e Sitios Históricos cun programa especial de actividades divulgativas no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón e no Castro de Elviña os días 26 e 27 de abril.
A proposta pretende achegar a cidadanía ao patrimonio da cidade a través dunha oferta lúdica e
educativa orientada tanto ao público adulto como infantil.


O sábado 26, o Castelo de San Antón acollerá unha nova edición do xogo de pistas “Os
recunchos do Castelo
”, unha actividade participativa dirixida a nenas e nenos de entre 6 e 12
anos. A sesión dará comezo ás 11.45 h e terá unha duración de 90 minutos. As prazas son
limitadas a 20 participantes e é necesaria inscrición previa a través da web
https://ticketing.coruna.gal/arq/diamonumentos-2025, aberta dende o pasado 16 de abril.
Tamén o sábado ofreceranse dúas visitas guiadas ao Museo Arqueolóxico, ás 12.00 h e 17.00 h,
e o domingo 27 ás 12.00 h realizarase unha visita guiada ao Castro de Elviña, todas dirixidas a
público adulto. As reservas poden formalizarse chamando ao teléfono do museo (981 189 850),
tamén con prazas limitadas a 25 persoas por sesión.
Ademais, o sábado 26 o Castelo de San Antón permanecerá aberto en xornada de portas abertas,
con entrada libre durante o horario de apertura habitual.
O concelleiro de Cultura, Gonzalo Castro, destacou que “o noso obxectivo é que o patrimonio da
cidade sexa unha ferramenta educativa e participativa, que permita poñer en valor espazos únicos como o Castelo de San Antón ou o Castro de Elviña. Actividades como estas favorecen o
coñecemento da nosa historia e a vinculación da veciñanza coa súa contorna
”.

Deja un comentario

Más noticias….