A Compañía Nacional de Danza de Irlanda actuará no Teatro Colón da Coruña os días 6 e 7 de novembro. As entradas para o espectáculo ‘Rhythm of the Dance’ sairán á venda este martes, 22 de abril.
A Compañía Nacional de Danza de Irlanda presentará o seu espectáculo de danza ‘Rhythm
of the Dance’, que puxo en pé a audiencias de todo o mundo durante máis de 24 anos.
Visto por 7 millóns de persoas en máis de 50 países, o pasado 2024 celebrou o seu 25
aniversario. Trátase dun dos tres espectáculos irlandeses máis importantes do mundo.
Con músicos tocando en directo, cantantes e bailaríns de primeira liña mundial, o
espectáculo é unha experiencia completamente cativadora de ritmos palpitantes
interpretados á velocidade do raio e con fantásticas coreografías. Unha viaxe a través da
historia de Irlanda, desde a antiga, rica en lendas e mitos, ata a Irlanda moderna e urbana
que vemos hoxe, chea de talento.
Irlandés en esencia, cun novo toque desde as súas raíces en Sean Nos (que significa estilo
antigo) ata o estilo moderno que vemos hoxe, esta nova produción de ‘Rhythm of the
Dance’ leva á audiencia nunha emocionante viaxe sen descanso durante dúas horas.





Deja un comentario