Sinsal Primavera, a serie de concertos eclécticos organizados cada ano
pola promotora Sinsalaudio da man do Concello de Vigo, ofrecerá a semana que vén na Sala Radar
dúas novas estreas de proxectos musicais, liberados de prexuízos de xéneros, en España: a da
banda inglesa Chemtrails e da belga Bombataz.

Logo da espectacular inauguración do ciclo no MARCO de Vigo o pasado 15 de abril da man do
estadounidense Joseph Keckler, Sinsalaudio -promotora do Festival Sinsal SON Estrella Galicia,
que este ano se celebrará do 25 ao 27 de xullo na Illa de San Simón- levará o seu Sinsal Primavera
até a recoñecida Sala Radar, que acollerá dous novos debuts no territorio estatal.
A primeira cita será o mércores 30 de abril co garage punk e power pop da banda inglesa
Chemtrails. Desde Manchester, e coas súas guitarras distorsionadas, sintetizadores primitivos, pop
policromático e letras irónicas, o grupo liderado liderado pola activista trans Mia Lust presentará o
seu terceiro e último traballo, The Joy of Sects, o máis bailable da súa traxectoria.
O sábado 3 de maio chegará o peche deste Sinsal Primavera 2025 da man dos belgas Bombataz,
unha banda peculiar cuxa paixón pola música reborda calquera clasificación: son catro músicos
todoterreos que se achegan a todos os xéneros posibles para ofrecer, cun chisco de jazz, funk ou
synth-hop, unha proposta única que transmite puro baile.
SINSAL PRIMAVERA
Sinsal Primavera, organizado pola promotora viguesa Sinsalaudio co apoio principal do Concello de
Vigo, pretende achegar cada ano ao público a música de bandas e solistas cuxa singular
proposta artística non forma parte do circuíto habitual das salas de concertos. O directos
agroman cada ano coma unha rara avis no panorama galego, á fin de sorprender ás adeptas e
aos adeptos a descubrir novos proxectos musicais en dous espazos creativos de referencia: o
MARCO e a Sala Radar.





Deja un comentario