O Salón de Graos da Facultade de Humanidades e Documentación do Campus Industrial de Ferrol acolleu onte, xoves 24 de abril, a X Xornada Mulleres na Ciencia “Facendo Balance: Retos e Incertezas” que organiza a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de Galicia (AMIT-GAL). O acto de apertura do evento estivo presidido pola subdirectora da Oficina para a Igualdade de Xénero (OIX) da Universidade da Coruña (UDC), María José Abad, e máis pola expresidenta de AMIT-GAL e profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC, María Carreiro.


O programa da xornada incluíu a conferencia da exvicepresidenta de AMIT- GAL e profesora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (UVigo), Soledad Torres, titulada “Como incorporar a dimensión de xénero na investigación”. Acto seguido, tivo lugar unha mesa redonda na que se falou sobre os retos aos que se enfronta o eido da investigación desde unha perspectiva de xénero.


Neste coloquio, participaron a coordinadora da Oficina de Igualdade de Xénero da Unversidade de Santiago de Compostela (USC), Sonia Rodríguez; a subdirectora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña (UDC), María José Abad; a subdirectora do  Centro de Investigacións Científicas Avanzadas (CICA) da UDC, María Isabel González; e a responsable da Comisión de Igualdade no Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do Consejo Superior de Investigaciónes Científicas (CSIC), Andrea Rodríguez. Exerceu como moderadora, a graduada en Enxeñaría Naval e Oceánica pola UDC e embaixadora de CT Engineering Group, Laura Alonso.

Deja un comentario

Más noticias….