O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presidiu esta tarde o acto de nomeamento como membro numerario do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses da escritora e académica Olivia Rodríguez González. Dito acto celebrouse no Salón de Sesión do Palacio Municipal de María Pita e contou coa presenza de Ana Romero Masiá, directora do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses; María de la O Suárez Rodríguez, secretaria-conservadora; e Felipe Senén López Gómez, encargado de pronunciar o discurso de contestación ao ingreso de Rodríguez González.
“Grazas a actos coma este confirmamos a boa saúde deste Instituto, básico para afondar na nosa historia e que traballa todo o ano para preservala e dala a coñecer á cidadanía”, sinalou Gonzalo Castro, que deu a benvida ao acto a todas as persoas asistentes e impuxo a medalla do Instituto á nova membro, á que tamén lle entregou o diploma acreditativo do seu nomeamento.

Durante a cerimonia, Olivia Rodríguez González leu seu discurso de ingreso, que versou sobre Mariano Tudela e a súa xeración literaria. Tras o discurso de ingreso, Felipe Senén ofreceu unha resposta institucional salientando a traxectoria e méritos da nova numeraria. A cerimonia contou cunha participación aproximada de 60 persoas. “Esta tarde de ingreso académico permítenos tamén lembrar o espírito aberto, crítico e creador de Mariano Tudela e os seus contemporáneos, que traballaron a prol dunha Coruña, faro de Galicia, culta e cosmopolita”, sinalou Gonzalo Castro.





Deja un comentario