A Cátedra de Hidroloxía Médica USC-Balnearios de Galicia, que conta co apoio de Turismo de Galicia, promove o ciclo “A saúde é o que importa”. Está destinado a difundir entre a sociedade o valor terapéutico das augas mineromedicinais. Mañá xoves, 15 de maio, ás 19:30 horas, celebrarase a primeira sesión do ano deste ciclo, que se puxo en marcha en 2019.

Terá lugar en Santiago, no Hotel Araguaney (salón Rahid), con entrada libre ata completar aforo. Consistirá nunha mesa redonda na que se abordarán as indicacións actuais da balneoterapia para tratar as patoloxías otorrinolaringolóxicas e musculoesqueléticas.


Nesta xornada participarán o doutor Andrés Soto, xefe do Servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS); o doutor José Ramón Caeiro, xefe o Servizo de Traumatoloxía do CHUS; e o director da Cátedra, o doutor Juan Gestal, que afondará no envellecemento saudable. Ao remate das súas intervencións manterán un coloquio co público asistente ao encontro.

Deja un comentario

Más noticias….