A escritora Berta Dávila recibe o Premio Ostana 2025 na categoría Giovani, un recoñecemento que distingue autoras e autores novos que escriben en linguas minorizadas de todo o mundo e amosan un compromiso estético e vital coa súa lingua. O galardón entrégase no marco do Premio Ostana Scritture in lingua madre, un festival literario organizado pola asociación Chambra d’Oc e a Comune de Ostana, e que celebra a súa XVII edición entre o 27 e o 29 de xuño.
Con este premio, Berta Dávila convértese na cuarta persoa distinguida en representación da lingua galega tras Manuel Rivas, que recibiu en 2019 o Premio Internacional, Craig Patterson, premiado o mesmo ano pola súa labor como tradutor, e Alfredo Conde, recoñecido na primeira edición.





Deja un comentario