A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue especialmente dos grupos A positivo, A negativo y B positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS.

Lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu labor asistencial posto que moitas das tarefas que se realizan a diario son imprescindibles os compoñentes sanguíneos.

En determinadas épocas do ano, como no período estival, pode baixar o número de doazóns pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios.

Neste sentido, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estarán dispoñibles para visitar nestes días os diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan os adecuados niveis dos grupos sanguíneos sinalados.

ADOS lembra que doar sangue é un xesto sinxelo, xeneroso e solidario, e convida a toda a cidadanía, maior de idade e en bo estado de saúde, a participar nesta campaña. Doar antes de veranear é garantir que a sangue estará dispoñible cando máis se precisa.

Para máis información pódese consultar a paxina web de ADOS: http://www.ados.sergas.gal, tamén as redes sociais e un teléfono gratuíto de información, 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.

Deja un comentario

Más noticias….