Mario Pérez Plaza, alumno do grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto na Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI), e Bruno Llopis Sintes, estudante do grao en Enxeñaría Naval e Oceánica na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), veñen de gañar o terceiro premio do Programa Santander X Explorer 2025 na Universidade da Coruña (UDC) con Rethink, unha solución para a reciclaxe de plásticos dirixida a fogares e empresas.

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acollía, o pasado 18 de xuño, a fase final dunha iniciativa de impulso ao emprendemento xuvenil na que estes dous mozos presentaron un sistema eficiente e rentable para a reciclaxe mediante estacións instaladas en comunidades e empresas.


Trátase, segundo explicaron os dous estudantes, dunhas estacións que compactan e clasifican os plásticos, ofrecendo recompensas económicas ás persoas usuarias. Con todo, Rethink xa foi galardoada, na categoría de “Universidade”, a mediados do pasado mes de marzo, na XI Edición do Emprende Xove Minimarket, da man da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra (AJE Ferrolterra).

Deja un comentario

Más noticias….