A Facultade de Dereito da UDC oferta para o curso 2025-2026 unha nova edición do seu Grao Plurilingüe en Dereito, unha titulación innovadora que combina unha sólida formación xurídica cunha clara proxección internacional. Con 20 prazas dispoñibles, esta modalidade permite ao alumnado cursar a metade dos créditos do grao en lingua inglesa, converténdose nunha opción diferenciada dentro do panorama universitario español.

Nun mundo cada vez máis globalizado, onde o exercicio do Dereito transcende fronteiras e esixe colaborar en contornas multiculturais, as competencias lingüísticas son un valor clave para acceder a oportunidades profesionais e académicas de primeiro nivel. Este grao potencia desde o inicio o dominio do inglés xurídico, facilitando o acceso a organismos internacionais, despachos globais e programas de posgraduado no estranxeiro. Esta combinación converte ao grao bilingüe en Dereito da UDC nunha opción diferencial dentro da oferta global do sistema universitario español.


Solicitude e asignación de praza
A solicitude de incorporación a este itinerario debe formalizarse no momento de facer a matrícula, indicando a preferencia pola docencia en inglés. A acreditación do nivel lingüístico deberá presentarse na secretaría do centro no prazo de dez días naturais tras a formalización da matrícula.

A docencia en inglés conta cun límite de 20 prazas. No caso de haber máis solicitudes que prazas dispoñibles, a selección realizarase por orde de cualificacións da PAU. Antes do inicio do curso publicarase a listaxe de alumnado admitido e a correspondente lista de espera. Para facilitar a
integración do estudantado neste itinerario, o alumnado admitido quedará automaticamente asignado ao grupo de mañá.

Esta proposta plurilingüe do Grao en Dereito da UDC ofrece unha excelente oportunidade para que o alumnado combine formación académica de calidade co desenvolvemento de competencias lingüísticas e profesionais clave no ámbito xurídico internacional.

Máis información dispoñible en: GraoPlurilingüeDereitoUDC

Deja un comentario

Más noticias….