Máis de 17.000 persoas asistirán aos directos de presentación de Buenas Noches, o novo disco de Quevedo, os días 26 e 27 de setembro no Coliseum da Coruña. A cidade herculina acollerá os únicos concertos que o artista canario faga neste 2025 no noroeste peninsular, dúas noites consecutivas nas que o púbico poderá gozar dun espectáculo cun novidoso formato 360º.

Mentres que para o directo do venres 26 de setembro o Coliseum pendurou o cartel de “entradas esgotadas” con cinco meses de antelación, a segunda das citas -que conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da iniciativa Concertos do Xacobeo, e coa colaboración do Concello da Coruña-, a segunda das citas xa vendeu máis do 70% dos billetes dispoñibles, e conta con zonas con prazas gotadas (como tendido medio) ou a piques de facer o mesmo (como pista). As últimas entradas dispoñibles están á venda en www.entradas.com 


Buenas Noches Tour comezou o pasado mes de febreiro en Madrid, onde o artista canario esgotou as entradas do Movistar Arena tres días seguidos. Desta volta, Quevedo presenta un espectáculo único no que, a través dunha produción do máis alto nivel, o cantante consolida a súa madurez persoal e artística. 

Os concertos na Coruña perfílanse como unha das grandes citas musicais do ano en Galicia. A proba non é outra que a demanda que están a xerar os concertos entre o público prodecente doutras comunicades autónómas (un 15% das e dos asistentes proceden de fóra do país, sendo Asturias, Castela e León e Madrid as que que concentran a maior porcentaxe de vendas) e, incluso, doutros estados: un 5% das persoas que xa posúen a súa entrada residen fóra de España. Portugal, Reino Unido e Italia lideran a demanda internacional. 

Deja un comentario

Más noticias….