A décima edición do Calendario Histórico A Coruña, correspondente ao ano 2026 xa está á venda en librarías e quioscos da cidade herculina. A publicación, promovida pola Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde), conta co patrocinio da Compañía de Tranvías e inclúe 633 efemérides que percorren a historia da cidade desde o século IX ata a actualidade.
O calendario busca ser “unha homenaxe continua á cidade, unha peza que nos permite coñecer mellor o noso pasado e fortalecer a nosa identidade colectiva”. A rexedora subliñou que a iniciativa “combina rigor, paixón e un formato accesible que achega a historia local a toda a cidadanía”.



A edición de 2026 incorpora 15 novos acontecementos respecto á anterior. Entre as efemérides recollidas figuran datas tan significativas como a primeira invasión viquinga, o 1 de agosto do ano 844, ou o recente acceso cidadán ao peirao de Batería, reflexo do pasado diverso que combina fitos históricos, culturais, sociais e deportivos.

O formato do calendario mantén a súa estrutura habitual: unha efeméride por día, cunha redacción breve e directa que facilita a lectura diaria e converte a publicación nun obxecto de colección para moitos fogares coruñeses.
As imaxes pertencen á colección Bartolomé-Chavert, centrada na fotografía histórica da cidade ata os anos da Guerra Civil, que vén ilustrando todas as edicións desde a orixe do proxecto.

Deja un comentario

Más noticias….