A feira Mostrart celebra a súa 41 edición ata o 31 de agosto nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña e que impulsa a Asociación Galega de Artesáns co apoio da Xunta. Nesta edición, que ten lugar ao longo de todo o mes de agosto, participan máis de 62 empresas artesáns das que 51 obradoiros pertencen ao selo Artesanía de Galicia e isto convértena na feira de venda directa máis relevante da comunidade autónoma e tamén un escaparate de referencia a nivel nacional. Iniciativas coma esta serven para seguir atraendo novos talentos a este sector.


Os obradoiros participantes en Mostrart abranguen varios oficios, entre eles, coiro, téxtil, xoiería, bixutería, escultura, madeira, arte floral, xoguetes, cerámica, encadernación, papel e cartón, e instrumentos musicais. A eles súmanse 11 artesáns procedentes doutras comunidades autónomas que participan nesta iniciativa e o programa Oficios ao sol, que consiste en obradoiros gratuítos abertos ao público con demostracións en vivo a cargo de diferentes artesáns e que se desenvolven os luns e martes de agosto.

mostrart artesania galicia
mostrart artesania galicia


O martes 26 terá lugar un obradoiro de elaboración de pezas de cerámica para maiores de 6 anos, en quendas de hora e media e a cargo de Víctor Ares. Para asistir é necesario inscribirse previamente e os menores deben ir acompañados dun adulto.

Deja un comentario

Más noticias….