A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns once subvencións, a maioría delas de 45.000 euros para once entidades profesionais: Work On Sunday (45.000 euros), Correveydile (15.000), Nordesía Produccións (45.000), Títeres Cachirulo (30.000), Magia en la Manga (15.000), Fundación SGAE (6.877,85), Casta Diva (15.000), Music Arte Rey Saavedra (45.000), Ilusiones Mágicas (12.160), Fausto Deseño Asociados (15.000) e Noente Paradise (5.962,15).

Mago Xacobe, de Ilusiones Mágicas (que recibe 12.160€)

A estas cuantías, hai que sumar as subvencións ás seguintes entidades e asociacións: Asociación medioambiental e cultural ‘A pedra que fala’ (1.179,09 euros); Asociación Cultural Barriga Verde (5.000 euros); Asociación Cultural Musical de Antiguos Tunos Compostelanos (4.869,58 euros); e Nova Escola Galega (5.000 euros).

Imagen de Troyanos de Compostela (web Museo Casa de la Troya)

As subvencións sufragan ate un máximo do 80% do orzamento das actividades. Por un lado, a cuantía máxima para as actividades organizadas polas asociacións culturais ten un importe máximo de 5.000 euros. Pola súa banda, as axudas a actividades culturais do sector profesional ascenden a un máximo de 45.000 euros na modalidade de festivais e de 15.000 para calquera outro tipo de actividade.

Estas subvencións diríxense a promover procesos e actividades culturais e artísticas de amplo espectro, orientadas a todo tipo de públicos e idades, que poden estar relacionadas coa música, teatro, exposicións, cine, fotografías, conferencias, performances ou, en xeral, calquera acción cultural ou artística aberta ao público.

A concelleira de Capital Cultural expresou o compromiso do Concello co tecido cultural de Santiago, unha diversidade que desde o departamento que dirixe impúlsase cunha programación variada na procura de achegar contidos durante todos os meses do ano. Así, estas axudas teñen como obxectivo dinamizar a vida cultural no noso concello e estimular e apoiar os seus proxectos e programacións.

Procedemento máis simplificado

As bases desta convocatoria recolleron algunhas novidades en relación ás anteriores co obxectivo de “buscar unha mellor interpretación do texto así como unha simplificación tanto á hora de solicitar a axuda como na súa xustificación”,

Concretamente, acotáronse as partidas de gastos elixibles, ao non ter que xustificalos todos, senón só aqueles que se indiquen como orzamento subvencionable; elimínase a posibilidade de subvencionar os gastos de persoal como partida independiente e os custos indirectos aumentan do 10 ao 15%. Tamén se actualizaron os importes máximos por aloxamento, manutención e desprazamento así como os baremos e o valor de cada punto e recolléronse consecuencias nesta e en vindeiras convocatorias dos posibles incumprimentos.

As actividades subvencionadas comprenden o período entre o 1 de xaneiro e o 20 de outubro de 2025. O prazo de xustificación das actividades subvencionadas rematará o 25 de outubro de 2025.

Deja un comentario

Más noticias….