O espazo de Arte de Roberto Verino en Ourense comeza o «curso» cunha nova exposición pictórica. Manolo Figueiras expón Edipo e a súa Esfinxe ata o 1 de novembro. Edipo e a Esfinxe é o título dunha serie temática de cadros realizada ao longo dos últimos anos por Manolo Figueiras. Todas as obras que forman este ciclo representan figuras en posición horizontal, deitadas na cama ou reclinadas nun
diván e a súa principal característica compositiva é o marcado ritmo apaisado que tradicionalmente se asocia máis co xénero paisaxístico que coa representación de figuras. Obviamente, esta temática está relacionada coa psicoanálise pero tamén coa soidade, os estados de tránsito ou ensoñación, os pensamentos introspectivos…
Manolo Figueiras (México, 1961) centra a súa actividade fundamentelmente na pintura desde onde ten realizado incursións nos campos da escultura, o gravado e a ilustración. Tamén ten escrito textos sobre crítica e teoría da arte publicados en prensa, revistas ou catálogos de exposicións. Realizou ilustracións para libros de poesía de autores como Antón Riveiro Coello, Manuel Outeiriño, Rosalía de Castro ou Xosé María Álvarez Cáccamo e é o autor das placas urbanas que en Ourense marcan o roteiro literario baseado en A Esmorga de Eduardo Blanco Amor.
Roberto Verino acolle a exposición Edipo e a súa esfinxe de Manolo Figueiras
Do 1 de setembro ao 1 de novembro pode visitarse a mostra na planta baixa da tenda da Rúa do Paseo en Ourense





Deja un comentario