xornalista e escritora Alicia Orriols presenta Mirar de frente (xa dispoñible en Amazon, librerías, FNAC), un libro que nace das suas entrañas e que se converte nun testemuño desgarrador e necesario sobre o suicidio, as súas consecuencias e a urxencia de falar de saúde mental sen tabús. Alicia Orriols, sobrevivente dun intento de suicidio e dunha experiencia de abuso laboral, comparte en primeira persoa a súa historia e outras cinco testemuñas. O xoves 2 de outubro ás 20:25h no Palacio da Oliva en Vigo

Este libro publícase nun momento crítico para España e para comunidades como Galicia, onde as cifras revelan unha realidade alarmante: España rexistrou en 2022 o maior número de suicidios da súa historia: 4.097 persoas perderon a vida, 84 delas menores de 20 anos (INE). As cifras entre adolescentes e mozas triplicáronse desde 2019. Ante esta realidade, Mirar de frente non é só un libro: é un berro colectivo para xerar conciencia, abrir espazos de diálogo e construír comunidade. 

Ademais, preséntase na semana previa á celebración do Día da Saúde Mental (que se conmemora o 10 de outubro a iniciativa da Federación Mundial da Saúde Mental). 

Deja un comentario

Más noticias….