A Universidade da Coruña celebrou hoxe o IMPULSA-T, a primeira Feira de Emprendemento e Apoio ao Emprego como mostra do compromiso da Universidade da Coruña coa empregabilidade, a innovación e o progreso social.

O evento foi inaugurado polo reitor da Universidade da Coruña, Ricardo Cao, e contou coa participación de Marta Mariño Regueiro, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, Diana María Sobral Cabanas, concelleira de Emprego, Comercio e Mercados do Concello da Coruña e Valeria Oliva Cousillas Carrera, presidenta do Consello do Estudantado UDC.

O reitor destacou durante a súa intervención as elevadas taxas de inserción laboral das persoas egresadas na UDC, xa que preto do 90% deles conseguen empreso durante o primeiro ano. “Queremos que o formato que estreamos este ano, máis integrado no que tocamos emprendemento, emprego e formación continua. Esperamos que este día sirva para o contacto entre o estudantado e o tecido empresarial e agradecemos moito a colaboración da Xunta de Galicia, o Concello da Coruña e as empresas e entidades participantes”.


A vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade, pola súa banda, anunciou que se agardaba a participación de preto de mil estudantes ao longo de todo o día neste punto de encontro entre empresas, entidades e estudantado.

Deja un comentario

Más noticias….