O Mércores 5 de novembro, ás 19:00 h inaugurase a mostra Camiño, para ser eu de Rita Ibarretxe, que Roberto Verino acollerá no seu espazo expositivo na Rúa do Paseo, 21 en Ourense ata o 8 de xaneiro.
A fotógrafa galega di desta exposición: “Camiño, para ser eu. Unha sensación de carencia, de illamento en espazos artificiais, de falta de liberdade e de baleira conexión permanente, aparece aos poucos na nosa mente de eternos nómades camiñantes; inquietos por esta zona de confort excesiva, anhelamos “volver a sentir”, conectarnos coa terra, perdernos ao lonxe nun ceo, nun bosque ou nunha montaña.
Comezamos a camiñar aos poucos, recuperando o noso corpo e os nosos sentidos, tomamos consciencia da natureza que aínda nos rodea, percibindo a riqueza das percepcións que nos proporciona o canto dun paxaro, o murmurio dun río, o son das nosas pisadas e o cheiro da vexetación mollada, e dámonos conta do noso vínculo co mundo e sentímonos parte dun todo, constituíndo este vagar constante e sen présa, unha experiencia envolvente.

Todo flúe alternándose concentración e fantasía, interpretamos estas sensacións e empezamos a darlles sentido, aflorando o noso ser máis emotivo que debuxa mentalmente novas sendas, direccións e territorios mentres tentamos buscar a nosa paisaxe propia e persoal, dentro das paisaxes que se nos deron construídas.
O espazo interior revélase fronte ao exterior, avanzando coa mente pola nosa vida e a nosa memoria, enlazando, como a propia natureza salvaxe, as nosas vivencias pasadas coas esperanzas futuras, reactivando así o noso impulso vital.
Na sociedade do rendible e do tecnolóxico, o espazo que habitamos transformouse en algo uniforme, impersoal e sen vida. Necesitamos volver a experimentar o vivo, o real, o que podemos percibir a través do noso cor-po cada vez máis sedentario, para darnos conta da importancia que ten o desexo de descubrir “a nosa paisaxe”, conquistala e darlle significado a tra-vés do que nos din os sentidos.





Deja un comentario